martes, 30 de abril de 2013

Presentando os vídeos de Igualdade




Xa podemos ver no Youtube os vídeos "O tonto é o maltratador" e mais "Frescas vs Cracks". Pero antes de subilos, os alumnos muxiáns do curso de Igualdade a través das Novas Tecnoloxías, fixeron a presentación para o resto da clase.


Primeiro foi Amanda a que presentou o traballo do seu grupo, "O tonto éo maltratador". Un vídeo que nos conta como o home dunha parella adolescente non deixa á súa moza ser como quere ser.

De contado, Liñeiro tomou o palabra para explicar o vídeo do seu grupo, "Frescas vs Cracks". Liñeiro explicou o sentido do vídeo, tamén coa axuda dunha Presentación Power Point que eles mesmos deseñaron e que tamén podedes atopar neste mesmo blog. A idea está clara: como a un mozo que liga con varias rapazas se lle trata de fenómeno, e cando é unha moza a que liga con varios rapaces, se lle trata de "fresca".



Ao final, unha foto de toda a familia para que nos quede un bo recordo do curso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario